Controlado o lume de Lousame tras queimar 41 hectáreas

17 Xullo 2020

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal rexistrado en Lousame este venres sobre as 14,50 horas quedou controlado ás 20,33 horas, despois de calcinar unha superficie dunhas 41 hectáreas, das que 38 son arborizadas e tres rasas.

O incendio rexistrouse na parroquia de Vilacova e Medio Rural subliña que a medición de 41 hectáreas é provisional ata que se parametrice o territorio finalmente afectado. No lugar traballaron cinco axentes, dez brigadas, seis motobombas, unha pa, cinco helicópteros e seis avións.

Controlado o incendio de Lousame

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.