Controlado o incendio de Noia que afectou a monte arborizado este domingo

26 Xullo 2020

O incendio que se declarou na tarde deste domingo en Noia (A Coruña) quedou controlado e afecta, de acordo coas últimas estimacións, a 0,84 hectáreas de monte arborizado, indicaron fontes da Consellería do Medio Rural. O lume comezou ao redor das 16,15 horas na parroquia de Santa María de Argalo, estabilizouse ás 17,49 e consta como controlado desde as 18,49. No lugar despregáronse tres avións, tres helicópteros, catro axentes, oito brigadas e catro motobombas.

Outros artigos

Comezaron en Noia as obras para dotar a vila dun novo miradoiro

O Concello de Noia, ao abeiro da súa liña de traballo de "poñer en valor os espazos infrautilizados", comezou a construción dun novo miradoiro na estrada que vai ao núcleo de Páramo, detrás do pavillón do Colexio de Bergondo. Segundo informaron o alcalde Santiago...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...