CONRESA inicia actuacións medioambientais con mais dun millón de euros

03 Xullo 2020

O concelleiro de Promoción e Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Ribeira, Ramón Doval, visitou as instalacións de Conserveros Reunidos SL (Conresa) en Couso a propósito do inminente inicio dun importante plan de investimentos por parte desta empresa encamiñados a mellorar o aproveitamento enerxético e impacto medioambiental na súa contorna: un plan que inclúe unha actualización dos procesos produtivos coa incorporación das mellores técnicas dispoñibles para o tratamento deste tipo de emisións
Doval foi recibido polo director xeral de Conresa, Roberto Fernández, quen lle explicou que con estas actuacións a empresa estará en condicións non só de seguir cumprindo coa lexislación actual, senón de anticiparse en varios anos ás estritas normativas que entrarán en vigor durante o próximo lustro, coa nova revisión comunitaria do Sistema de Prevención e Control Integrado da Contaminación industrial que está en fase de elaboración -mediante os documentos BREF- nos distintos estados membros.
Economía circular “Somos una empresa fuertemente integrada en la comarca, totalmente vinculada a la economía circular e imprescindible para el mantenimiento del sector industrial relacionado con el mar y la
conserva”, manifestou Fernández, quen engadiu que “el cuidado del
entorno forma parte de nuestra existencia, por lo que nos seguiremos esforzando en implantar las mejores tecnologías disponibles en cada momento”.
Neste senso, a primeira actuación será inminente e irá encamiñada a reducir olores, cun investimento de máis dun millón de euros, o que vai permitir implantar un sistema de última xeración RTO (Regenerative Thermal Oxidiser). Trátase dunha instalación consistente en aspirar os vahos producidos pola fábrica e tratalos a máis de 900 graos, eliminando as partículas causantes de posibles malos olores.
O prazo estimado para a súa posta en funcionamento é marzo de 2021.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.