Chegan ao porto de Escarabote os primeiros visitantes dos minicruceiros pola ría

06 Xullo 2020

Este martes chegan ao porto de Escarabote os primeiros visitantes
nunha travesía en veleiro polas Rías Baixas. Os visitantes van ser os primeiros en coñecer a exposición etnográfica Mar de Boiro que o Concello de Boiro xunto coa Asociación Etnográfica de Terra e Mar (AETEMA) abriu este ano no Centro Social de Escarabote.
A chegada ao porto de Escarabote está prevista para as 11.00 horas e a
visita á mostra será sobre as 11.15 horas. O alcalde de Boiro, José Ramón
Romero, daralles a benvida e visitará con eles a mostra, na súa primeira
apertura ao público.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.