A Concellería de Turismo da Pobra lévanos en veleiro pola ría até o remate de agosto

03 Xullo 2020

Hai xeitos alternativos de facer turismo e coñecer as máis impresionantes paisaxes, dun xeito tranquilo, seguro e controlado, e os nosos concellos están a argallar métodos para facelo. Neste senso, o Concello da Pobra do Caramiñal ofrece a visitantes e residentes, durante todo o verán, a posibilidade de viaxar en barco, no veleiro Mascato, pola ría de Arousa. As excursións levaranse a cabo até o remate de agosto, os sábados e domingos dende o 18 de xullo até o 30 de agosto.

A iniciativa vén da man da Concellería de Turismo da Pobra, que organiza e co-financia o programa de excursións para coñecer o rico patrimonio medio ambiental e paisaxístico da costa dos nosos concellos.

O traxecto guiado será de 1 hora e 30 minutos, establecéndose as saídas en quendas de mañá e de tarde ás 11:00, 13:00, 16:30, 18:00 e 19:30 horas.

Segundo informa a Concellería, os prezos por persoa son 12€ por persoa adulta e 8€ por nen@ menor de 12 anos. As familias con máis dun neno ou nena terán un desconto. A reserva e compra previa de tíckets débese realizar no punto de información turística da Pobra do Caramiñal. Para máis información cómpre chamar ao número de teléfono 671 090 262 ou escribir un correo electrónico a turismo@apobra.gal.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...