A ABE lanza unha campaña de rascas con 1.000 euros en vales de compra e 2.000 premios directos

14 Xullo 2020

A Asociación Boirense de Empresarios puxo en marcha unha nova campaña de promoción empresarial para este verán. Na iniciativa, destinada a revitalizar e fortalecer o comercio local (e convidar á cidadanía a participar de cheo no proceso) participan 50 empresas asociadas de todos os sectores: comercio, hostalería, servizos, etc. A ABE sinala que non hai límites en materia de tipo de actividade para ter presenza activa na campaña. Esta, basicamente, consiste na entrega de tarxetas-rasca aos clientes, que poderán gañar algún dos 2.000 premios directos que repartirán os locais adheridos (camisetas, gorras, bolsas de praia e a nova bolsa #sonboiro da ABE de algodón orgánico)

Ademais das recompensas directas, sortearanse 1.000 € en vales de compra.

Os establecementos participantes estarán sinalizados cuns paneis informativos de 1 x 0,7 metros.

A ABE engadiu que entre o 15 de xullo e o 15 de agosto entregase 1 rasca por cada 10 euros de compra ata un máximo de 5 por cada compra.

En conxunto, sortéanse 1.000 euros en vales de compra. O sorteo levarase a cabo o 17 de agosto.

Coma de costume, toda a información relativa a esta e outras campañas témola na web da ABE, www.abe.gal.

Aproveitando esta campaña a ABE distribuirá entre os seus comercios asociados o material de benvida pola adhesión da ABE á recentemente creada Rede de Comercios e Mercados do Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021 e destinada a potenciar as ventas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago, no que Boiro é un deles.

A ABE optou pola vía de integración total dos seus comerciantes, polo que todos os comercios asociados que cumpran as características que marcan a orde (menos de 300 metros cadrados, epígrafe principal de comercio, menos de 50 traballadores…..) forman parte xa “desta enorme rede galega dos comercios do camiño”, en palabras da asociación.

Inicialmente, pola adhesión á rede, os establecementos da ABE recibirán automaticamente e de forma gratuíta o seguinte material: distintivo identificativo para o local, lote de pulseiras, bolsa de caramelos e unha caixa expositora de caramelos.

Esta rede de comercios busca dinamizar e potenciar as ventas, mellorar os servizos aos peregrinos (os comercios poden incluso selar a tarxeta compostelá) e manter no tempo os clientes.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.