72 aniversario dunha Dorna atípica

23 Xullo 2020

24 de xullo cúmprense 72 anos da posta en marcha da Festa da Dorna. A historia da mesma aparece recollida na páxina da Confradia, e hoxe do arquivo inicial creado polo lembrado Alejandro Llovo (D.E.P), traemos unha imaxe que recolle as xuntanzas que se celebraban na Sala de Festas Cambeiro e que servia de prólogo o baile de gala que empezaba ás 12 da noite.

Emilio Sanmamed, Tino Cobas, José Luis Colomer e Prieto aparecen nesta fotografía coa que hoxe queremos rendir homenaxe a esta emblemática festa recuperada nos últimos anos tras unha travesía polo deserto de varios anos.

O ano seguinte da sua creación en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadación de cartos cos que se farian dornas que se sortearían entre as familias necesitadas do concello.

Praza do concello e en primeiro plano á esquerda a Sala de Festas Cambeiro a pista de verán. foto: riveira.eu

O paso do tempo faría esmorecer a Festa dá Dorna a finais dous anos oitenta, si ben xa na década dos 90, un grupo de mozos recupera a celebración dándolle iso si un carácter totalmente distinto.  A reprodución amosa a primeira invitación do baile de Gala que tería lugar ese ano o 23 de xullo, se ben posteriormente pasaría o 24 de xullo. Fotos: riveira.eu

Invitación do baile da Festa da Dorna en 1949, celebrada o 23 de xullo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.