En SumaRibeira facénse eco da que califican de inxustificables deficiencias que, ao seu entender, se véñen amosando con frecuencia no municipio sobre a subministración de auga corrente, polo que decidiron presentar para o seu debate no Pleno unha Proposición sobre a “Problemática coa Subministración de Auga”.
Consideran que a situación actual ao respecto demanda a necesidade de definir xa como realmente prioritarias tódalas actuacións necesarias para dar solución a este problemaque califican de crónico cun servizo público básico fundamental e universal.
En Suma Ribeira pensan que veñen sendo excesivas as ocasións en que veciñas de distintas zonas do concello amosan o seu malestar por deficiencias no servizo municipal de auga.
Moitas veces as xustificadas queixas son por falla dunha mínima presión de auga, e outras por frecuentes cortes ocasionados por roturas nas conducións. Seguramente unha parte importante dos problemas de falla de presión estean relacionados con que, debido ao deterioro nas vellas conducións, o establecemento da presión necesaria incrementaría notablemente a frecuencia das roturas.
É por eso que en SumaRibeira pensan que o Pleno non debe agardar máis para entrar a considerar a necesidade de comprometerse con tódalas actuacións necesarias para asegurar a poboación de tódolos lugares do concello unha solución, no prazo máis curto posible, ao servizo público de subministración de auga potable.