O Concello de Ribeira decidiu suspender a celebración dos festexos de verán en cuxa organización participa directamente esta administración, tales como as festas de agosto, a feira mariñeira Artemar ou as festas patronais de Santa Uxía.
Esta decisión foi tomada esta mañá no marco da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19, na que tamén se prohibiu a instalación de cacharelas en solo público municipal durante as próximas festas de San Xoán da noite do 22 de xuño.
Ademais, e coa fin de evitar a propagación de posibles contaxios, o Concello non autorizará durante o período estival ningún evento no que non estea plenamente garantido o control do aforo. Esta medida prohíbe as concentracións da Dorna e as festas populares de todas as parroquias.
ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño
ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...



