O Concello de Ribeira vai mellorar a accesibilidade á miradoiro de Pedra da Ra a través dun conxunto de actuacións que acentuarán o disfrute deste privilexiado entorno por parte das persoas con diversidade funcional.
Este proxecto foi elaborado por Carlos Seoane, mesmo arquitecto que se encargou no 2016 da remodelación do miradoiro nunha actuación que foi obxecto de múltiples recoñecementos como os premios COAG, FAD ou Enor ou a súa selección para as bienais de arquitectura de Venecia e Arxentina, entre outros. Xunto ás sendas de acceso existentes crearanse outras novas para permitir o tránsito de persoas con mobilidade reducida, unha das cales conducirá ata o icónico piñeiro situado nas inmediacións. Ademais, crearanse dúas prazas de aparcamento adaptadas a minusválidos.
Maqueta volumétrica para invidentes Así mesmo, preténdese colocar unha maqueta volumétrica deste entorno dentro do percorrido accesible para que as persoas invidentes poidan “ler” por medio da mesma o espazo natural no que se atopan.

As intervencións estarán complementadas coa sinalización das sendas e os aparcadoiros conforme á normativa vixente.
O orzamento da actuación ascende a 59.309 euros, IVE incluído .
Para executar esta iniciativa, está previsto que o Concello asine coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta un convenio polo cal o departamento autonómico sufragará o 65% do importe do proxecto, ata un límite de 30.000 euros.
