Retirado novo niño de velutinas en Rianxo

13 Xuño 2020

A dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro retirou outro niño secundario de vespa velutina en fachadas de 2 vivendas en Araño no Concello de Rianxo.

Repítese a situación acontecida hai uns dias cando un veciño foi atacado na súa casa do lugar de Rial, no concello de Rianxo. Afortunadamente o veciño está xa no seu domicilio e non lle quedan danos. O paisano empezaba a limpar o caleiro deste alpendre cando viu achegarse algo que el describe como unha árbore de Nadal. Era o enxame de vespas que aniñaran no pendello sen que ninguén se decatase e que, ao sentírense ameazadas, o atacaron. Recibiu ducias de picadas no corpo e na cabeza.

Primeiro levárono ao centro médico de Rianxo e de alí ao hospital de Santiago, onde o tiveron en observación ata a noitiña, mentres os bombeiros de Boiro retiraban o niño.

Os bombeiros din que os avisos aumentan conforme avanza o desconfinamento. 

Niño de velutina retirado polos bombeiros de Boiro, cedida

Precisamente unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro retirou outro niño secundario de vespa velutina en Rúa Loureiros no Concello de Rianxo. Lembre que calquera que vexa un niño debe avisar aos teléfonos 012 ou 112.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.