Os socialistas de Ribeira piden máis papeleiras para Aguiño e que se reparen as existentes

09 Xuño 2020

O grupo socialista de Ribeira, a través do seu voceiro José Manuel Vilas, vén de presentar un rogo relativo ao mobiliario urbano da parroquia de Aguiño para ser tratado no vindeiro Pleno. Segundo fai saber a agrupación, os equipamentos da que é a segunda localidade do concello en termos de poboación requiren unha serie de arranxos e acondicionamentos urxentes, especialmente os bancos e as papeleiras.

Nin o estado deste material nin o seu número, sinala o PsdG-PSOE de Ribeira, “correspóndense co que sería un servizo axeitado para os veciños da parroquia”.

dav

O grupo pide que se incremente a cifra de papeleiras nas vías principais, acompañando as marquesiñas de transporte urbano e incrementando a súa presenza nas zonas de lecer infantís e nos paseos peonís. “Na nosa agrupación”, sinalan, “consideramos estas medidas necesarias, máxime tras a nova circunstancia que nos aconteceu de xeito imprevisto, para así poder depositar elementos usados e/ou consumíbeis e garantir ou previr un pouco máis a nosa saúde”.

En virtude de todo o devandito, os socialistas piden ao grupo de Goberno que se fagan as xestións necesarias para a instalación e reparto de 15 unidades de papeleiras, así como adecuar as xa existentes, na vila de Aguiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.