Os alcaldes socialistas dá provincia da Coruña, entre eles o de Boiro, piden usar os seus remanentes en plans de reconstrución

02 Xuño 2020

Os alcaldes do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña, entre eles o de Boiro, reclaman poder usar os seus remanentes e superávit para activar plans de reconstrucción locais que axuden a paliar as tremendas consecuencias sociais e económicas da Covid-19. 

Así se acordou de forma unánime  hoxe nunha reunión telemática do Consello de Alcaldes e Alcaldesas do PSOE coruñés, presidida polo secretario provincial e presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que defendeu “o papel  fundamental” realizado polos concellos, “que estiveron en primeira liña na crise da Covid-19” e destacou que “unha parte importante da reconstrucción dependerá tamén dos gobernos locais”.  Neste sentido, defendou que “os remanentes e superávit, os aforros de concellos e deputacións podan ser usados polas entidades locais que as aforraron e no lugar onde se aforraron”

Un aspecto no que coincidiu tamén o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, que participou como invitado na reunión de hoxe e advertiu que “ninguén pense en quedarse cun só céntimo dos concellos, e dígoo por Feijoo”

Caballero afirmou tamén que a FEMP pedirá un fondo de 5.000 millons de euros para as corporación locais e participar dos fondos europeos na medida do que nos corresponde.. 

“Pediremos á Xunta a transferencia inmediata aos concellos de 380 millóns de euros e dos 23 millóns que o Estado transferiu á Xunta para políticas sociais, xa que son os concellos os que están asumindo o protagonismo neste eido”, afirmou.

Un punto que apoian tamén os alcaldes coruñeses, enytre eles o de Boiro, que demandan á Xunta que cando menos unha parte do Fondo de Reconstrución que aporte o Estado a Galicia se distribúa entre os concellos con criterios obxectivos, nun modelo similar ao que xa está a aplicar a Deputación da Coruña e que resulta “un apoio fundamental para as economías dos municipios”

Os rexedores e rexedoras socialistas, entre eles os da Coruña, Ferrol e Santiago tamén coincidiron en que os remanentes, froito da boa xestión económica de concellos e deputacións durante anos, “deben ser usados polas propias entidades locais, en función das súas necesidades, xa que unha parte importante da reconstrucción social e económica do país recaerá nas administracións locais”, que desde o inicio da crise veñen facendo un esforzo importante para atender os efectos que esta crise ten na sociedade coruñesa, “tendendo pontes para evitar a fenda social”.

Os alcaldes do PSdeG-PSOE no Consello de Alcaldes e Alcaldesas do PSOE coruñés

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...