O PSdeG-PSOE de Ribeira pide o arranxo dos elementos de seguridade da avenida da Paz

11 Xuño 2020

O grupo socialista de Ribeira, a través da súa concelleira Rita Rial, vai presentar un rogo ao Pleno do Concello para introducir unha serie de melloras no viario urbano da avenida da Paz, que discorre entre a estrada comarcal AC-550, á altura das Saíñas, até o lugar da Carballa, na parroquia de Palmeira.

A vía, de sentido dobre de circulación, ten en palabras dos socialistas dúas grandes eivas ás que cómpre poñer remedio: por unha banda a falta de definición nas marcas viarias que definen os carrís de circulación, e pola outra as marcas que delimitan a zona das beiras-aparcamentos, “debido á conservación e ao desgaste”. Isto, engade o grupo socialista, “agrávase nos días de chuvia e de escasa visibilidade”.

En virtude de todo isto, o PSOE ribeirense require que se adopten as medidas precisas para que se proceda ao pintada das marcas viarias da avenida da Paz, “co fin de regular a circulación dos vehículos e evitar posíbeis accidentes causados pola escasa visibilidade da sinalización horizontal”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.