O estacionamento municipal boirense amplía o horario de apertura e volve ser de pago

30 Xuño 2020

O Concello de Boiro, na liña de recuperar a normalidade dos servizos municipais, comunicou este martes 30 a ampliación do horario de apertura do aparcamento municipal da praza de Galicia que se reducira con motivo do Estado de Alarma. A instalación abrirá, a partir deste mércores día 1, en horario de 7.00 a 23.00 e os domingos de 10.00 a 22.00 horas.

Amais, o estacionamento municipal restablecerá este mércores o sistema de cobro.

Os domingos, a instalación permanecerá aberta, de xeito gratuíto, entre as 10.00 e as 22.00 horas.

O Concello tamén informou de que a traballar por abrir durante este mes de xullo o estacionamento de A Boqueira de A Negral e, tamén, para aumentar o espazo reservado a aparcamentos do centro urbano da vila, co fin e “fomentar o comercio e a hostalería”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...