O deporte de base de Ribeira é asumido pola Fundación Celta de Vigo

22 Xuño 2020

O salón de plenos do consistorio local deu cabida esta mañá á sinatura dun convenio de colaboración en virtude do cal a Fundación Celta de Vigo asume un labor de coordinación e asesoramento ao deporte base do municipio, con implicación de cinco dos clubs de fútbol radicados no concello: Atlético Oleiros, Carreira Club de Fútbol, Cidade de Ribeira, Palmeira e Xuventú Aguiño.

Representantes dos Clubs de Ribeira

O acto contou coa participación do presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, do alcalde de Ribeira Manuel Ruiz e dos representantes dos diferentes clubs adheridos a este proxecto que o rexedor local cualificou de “histórico” ao conlevar maiores oportunidades de mellora dos rapaces do municipio.

O Alcalde Manolo Ruíz e o presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta

O salón de sesións tamén foi obxecto dun convenio que vincula á Fundación Celta co Cidade de Ribeira Club de Fútbol, equipo resultante da fusión de Atlético Riveira e Sálvora C.F.

Firma do Celta e do Cidade de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...