O Certame Enreguéifate 2020, co-impulsado polo Concello de Rianxo, xa ten gañadoras

23 Xuño 2020

A cuarta edición do Certame Enreguéifate, co-organizado polo Concello de Rianxo, xa ten contribucións gañadoras. Respecto da repercusión, houbo 27 propostas participantes, das cales 11 concorreron a través da categoría xeral e 16 na escolar. O concurso, que ten o obxectivo de reivindicar as posibilidades creativas, dinamizadoras e comunicativas da regueifa (a arte inmemorial de retrucar en verso, a través da improvisacións orais que estimulan o pleno dominio do galego entre as novas xeracións), está promovido polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.

Esta edición do certame desenvolveuse coas adaptacións necesarias motivadas pola situación de confinamento producida por mor da COVID-19, entre elas o reforzo das actividades virtuais e a supresión dos obradoiros presencias e da gala de entrega de premios. A organización do certame transmitiu “a súa gratitude pola alta participación” dadas as complexas circunstancias.

As procedencias das contribucións foron do máis diversas: O Grove, Tordoia, Donostia, Santiago, Lugo, Baio, Burela, Cangas, Ourense, Cotobade, Gondomar, Ferrol, Malpica de Bergantiños, Teo, Mourente ou Baamonde.

Regueifas gañadoras da IV edición de Enreguéifate

Podíase participar no proxecto a través de dúas categorías, a escolar e a xeral. En ambas as categorías había premio para a regueifa máis aguda, a regueifa máis diversa, a máis reivindicativa, a mellor cantada e a mellor falada.

O xurado estivo formado por Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, profesor, escritor e regueifeiro; Lupe Blanco, regueifeira; Conchi Cochón, técnica de Normalización Lingüística e Vero Rilo, narradora oral.

O resultado final das votacións, ao non poder haber gala final coma noutras edicións, deuse a coñecer cun vídeo presentado por Séchu Sende como representante do xurado, acompañado polas Regueitubeiras.

· Premios da Categoría Xeral

A máis brava: De norte a sur – Localismos 2.0

A máis aguda: Trespés – Antítodo anti todo

A máis diversa: decídese deixar deserta esta categoría por non haber ningún vídeo que encaixe e cumpra as bases. Acórdase facer unha mención a Os Conxugadores, xa que a súa regueifa era a única realmente diversa, pero pasábase moito dos 3 minutos.

A máis reivindicativa: Regueifeires dos emojis – AGAL vs RAG

A mellor falada: As despistadas – Regheifa na casa!

A mellor cantada: Entre nós – Etioloxía do coronavirus?

· Premios da Categoría Escolar:

A máis brava: Patakas Bravas – As linguas: patrimonio natural

A máis aguda: COV-Regueifeiras– COV-verán

A máis diversa: Clase Rosalía. San Xoán de Filgueira – Regueifeir@s dispost@s a salvar o planeta. Decídese tamén facer unha mención a María, participante do grupo Irmanciñ@s.

A máis reivindicativa: Banda EcoTeo – EcoRegueifa

A mellor falada: As rejeifeiras do Cabaso – As rejeifeiras do Cabaso

A mellor cantada: As guardianas baiesas – A loita por un mundo mellor

Todas as regueifas participantes e gañadoras pódense visualizar tanto na páxina web do certame como na súa canle de Youtube.

Outros artigos

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...