O 7 de xullo realízase no Son unha nova recollida de refugallos eléctricos e eléctricos a domicilio

29 Xuño 2020

O Concello de Porto do Son, co fin de botar unha man ás familias e empresas en materia de xestión de refugallos eléctricos e electrónicos (o que se coñece como material RAEE), vén de convocar unha nova recollida de lixo a domicilio para o vindeiro 7 de xullo. Será unha actividade gratuíta e, para poder tirar proveito dela, só se esixe un único requirimento: contactar cos servizos municipais a través do teléfono 981 867 412 e comunicar o emprazamento exacto onde ten que ser recollido o material.

Segundo sinala o Concello, entran dentro da etiqueta RAEE os seguintes obxectos: televisores, móbiles, teléfonos en xeral, computadores, ferramentas eléctricas, lámpadas, instrumentos de vixilancia de control, aparellos médicos, xoguetes eléctricos, videoxogos, lavadoras, neveiras, microondas, deshumidificadores, máquinas expendedoras, cronómetros, secadoras ou estufas, entre outros aparellos. Tamén se recollen pequenos cascallos de obra doméstica en sacas de até 100 kg.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.