En Pobra mudanza da mesa electoral do polideportivo da rúa Venecia para a casa da cultura Raquel Fernández Soler

13 Xuño 2020

O Concello de A Pobra avisa de cambio de ubicación dunha mesa electoal de cara ás eleccións autonómicas do 12 de xullo.

A mesa electoral que se instala habitualmente nun local do pavillón polideportivo da rúa Venecia non conta coas condicións necesarias para que poida usarse respectando as distancias mínimas exixidas pola normativa de medidas de prevención fronte ó Covid-19.

Polo tanto, o Concello tivo que buscar un espazo alternativo, que vai se-la casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.

O cambio xa está comunicado ó INE (Instituto Nacional de Estatística) pero pode ser que as tarxetas censuais non recollan aínda o dito cambio.

Foto Abso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.