En Noia tres persoas resultaron afectadas por un incendio iniciado nunha bombona de camping gas

16 Xuño 2020

Un incendio que comezou nunha bombona de camping gas deixa a tres persoas feridas en Noia.

Ocorreu pouco antes das oito da noite pasada nun domicilio situado na Rúa Pontevedra cando un dos afectados preparaba comida coa axuda dunha pequena equipación de fornelo e bombona. Por razóns que se descoñecen, a bombona esbourou e provocou un pequeno incendio que foron quen de atallar os propios implicados. Sen embargo, neste intento, un dos ocupantes da vivenda sufriu queimaduras nunha man das que foi atendido no propio domicilio. As outras dúas persoas foron trasladadas ao Centro de Saúde da localidade, aínda que cun cadro leve provocado pola situación.

Nada máis recibir o 112 Galicia a alerta sobre este suceso, púxose en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros de Boiro e os efectivos do Servizo Local de Protección Civil. Entre todos airearon a vivenda, posto que o lume xa fora sufocado. Tamén contaron coa colaboración dos membros do GES de Brión e dos axentes da Policía Local.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.