Baixan en O Barbanza a 7 os positivos da COVID-19

29 Xuño 2020

Os casos activos de O Barbanza baixaron a sete -dos nove detectados–, segundo os datos actualizados pola área sanitaria de Santiago-Barbanza, ningún dos cales necesitou hospitalización.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) investigou a máis dun centenar de persoas relacionadas con este foco. As persoas con PCR positiva atópanse en illamento e seguimento domiciliario, mentres que as outras investigadas permanecen en corentena 14 días.

Os nove casos deste brote detectáronse nas localidades coruñesas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Por parte do Sergas apuntouse que a posible orixe destes contaxios «podía ser un caso importado desde Brasil que actuou como vector de contaxio sobre un familiar que deu o primeiro positivo», aínda que o afectado negou que fora o causante do contaxio.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.