ADEGA conmemora o Día dos Océanos cunha limpeza na Corna e máis en Cabío

15 Xuño 2020

O pasado 8 de xuño, con motivo do Día Mundial dos Océanos, a asociación ecoloxista ADEGA realizou unha limpeza de praias na na nosa comarca, concretamente nos areais de Cabío e A Corna, na Pobra do Caramiñal e en Palmeira. Os traballos foron realizados polo equipo do departamento de Educación Ambiental de ADEGA, pechados á participación de voluntarios doutras plataformas ou a título individual para poder garantir a seguridade sanitaria durante os labores.

Limpeza na Corna e máis en Cabío

O obxectivo desta xornada e desta actividade foi o de eliminar parte dos residuos que están nas praias así como facer unha chamada de atención sobre o lixo que acaba nos nosos areais e ecosistemas mariños.

Limpeza na Corna e máis en Cabío

ADEGA tamén aproveitou para comprobar a presenza da píllara das dunas nestes areais e cal está sendo a evolución das especies exóticas invasoras.

A maiores, a organización tirou partido da actividade para lanzar unha mensaxe clara contra os actuais modelos de produción: insustentábeis e mal xestionados en materia de residuos. “Todo iso fai que cada ano rematen nos océanos 10 millóns de toneladas de lixo”, explican, poñendo o foco na problemática engadida da actual situación de pandemia, con luvas e máscaras espalladas por todos os recantos das nosas cidades, vilas, aldeas e espazos naturais: “Desde ADEGA cústanos entender como, a sabendas dos riscos que comporta unha mala xestión destes residuos, sigan dándose este tipo de accións irresponsábeis, non xeneralizadas, pero preocupantes. Así pois, a problemática da contaminación mariña acada, se cabe, maior intensidade nestes tempos”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.