Aberto o prazo de presentación de ofertas á construción da pérgola da nova estación de buses de Ribeira

10 Xuño 2020

O Concello de Ribeira abriu o prazo para a presentación de ofertas no relativo á construción da pérgola da nova Estación de Buses da cidade, que terá unha lonxitude de 67,75 metros e que servirá de apeadoiro central do transporte público e, tamén, de “novo elemento singular no concello”. Segundo confirmou o Concello, as empresas poden presentar as súas propostas até o 6 de xullo á media noite no Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX). A actuación ten un prezo de licitación de 298.193 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de 9 meses. A estrutura estará emprazada no Malecón, fronte á praza Heroínas de Sálvora.

A infraestrutura estará conformada por cinco grandes bóvedas en forma de tella de 14,35, 13,14, 11,56, 14,91 e 13,79 metros de longo, con alturas que oscilan na parte superior entre os 4,15 e os 4,65 metros. Os arquitectos responsábeis da mesma, Santiago Rey Conde e Ismael Ameneiros Rodríguez, defínena como “un deseño atemporal, non lineal, con zonas de espera sentadas, espazos abovedados que amplían o espazo e formas alongadas que permiten proxección a gran cantidade de xente”.

O Concello, afondando nos detalles técnicos, engade que a construción estará orientada lonxitudinalmente en sentido norte-sur, co fin de “minimizar a exposición aos ventos do sur”, e que disporá de viseiras de protección ao leste e o oeste que tamén “protexerán fronte aos ventos ao tempo que ofrecen zonas de espera cubertas para os autobuses”.

Elementos cerámicos

Como materiais, empregarase formigón coloreado, ademais de acubillar lucernarios de vidro circulares para “aportar luz natural” e contar cun revestimento exterior con elementos cerámicos para ofrecer “protección das cubertas e impermeabilización, maior resistencia ao ambiente mariño e como imaxe característica do conxunto”.

Ademais, o proxecto técnico inclúe a introdución de vexetación para a mellora de condicións ambientais e mobiliario urbano que “axude a dar carácter e definir os espazos”, emprazados sobre unha superficie de 1.300 metros cadrados no remate da avenida do Malecón.

Nave portuaria

O Concello de Ribeira lembra que “xunto a esta intervención está prevista outra consistente na remodelación dunha das naves portuarias lindeiras ao apeadoiro”, co fin de imprimirlle un novo uso para despacho de billetes, aseos e outros servizos de atención aos usuarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

“Cita a ciegas, en la tele”. Manuel Dominguez

Hay un programa en la tv, de cita a ciegas, lo veo, desde mi afición al conocimiento humano y a la sociología, desde, cuando conocí a Amado de Miguel. Hay una pregunta para mi extraña, la que las chicas hacen a los chicos, ¿Y tú cuantas veces puedes hacer el amor en...

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

“Altri, la tragedia que se avecina” – Manuel Domínguez

Además de a Rianxo, Boiro, A Pobra y Ribeira, el agua del Ulla llega a Padrón, Dodro, Catoira, Valga y Pontecesures, y también está conectado Vilagarcía. En total, cerca de 150.000 personas las que se abastecen de una red que actualmente presenta algunas dificultades...