A localización dunha embarcación á deriva no Grove levanta sospeitas sobre a desaparición do seu tripulante

19 Xuño 2020

Aparece no Grove unha embarcación á deriva que fai sospeitar sobre a posible desaparición do seu tripulante. 

Por iso, arestora, equipos de emerxencias por mar e terra percorren a costa do Salnés para tratar de obter algún indicio que leve ao paradoiro do seu tripulante, veciño de Vilanova.

En concreto, están traballando na zona o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo, mentres que por terra participan voluntarios de Protección Civil de Vilanova e tamén membros do Servizo Local de Emerxencias do Grove. Igualmente, están avisados os axentes da Policía Local do Grove e da Garda Civil.

De momento, a información recollida no 112 Galicia apunta a unha embarcación á deriva en Porto Meloxo, que apareceu preto das dez desta mañá e foi localizada por persoal da Confraría de Pescadores do Grove. Sen embargo, nada se sabe do paradoiro do seu tripulante. Un veciño de Vilanova que saíu pescar contra a medianoite e non voltou á casa.

Deste xeito, activouse un operativo de busca por mar e terra, que se move nun arco entre Vilagarcía e O Grove na procura dalgún indicio.

Outros artigos

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

Carreira pasou de ser un destino a un lugar de paso. Fai unhas cantas décadas, a parroquia de maior extensión e con máis antigüidade do municipio de Ribeira, era un pobo bulicioso e con gran actividade comercial e social. Un centro de lecer e diversión para persoas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.