A Fiestra da Cultura de Ribeira ofrecerá este verán dúas ducias de espectáculos e eventos en formato seguro

26 Xuño 2020

A concelleira de Cultura de Ribeira presentou este venres 16 o programa de espectáculos do Concello para este verán, unha axenda marcada pola COVID19 e pola necesidade de pór en marcha medidas que garantan o distanciamento, o control de públicos e a seguridade sanitaria. O programa, que dará acubillo a actividades (todas elas) de pequeno e mediano formato, inclúe dúas ducias de espectáculos que se sucederán durante os meses de xullo, agosto e setembro conformando a programación da Fiestra da Cultura.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, debullou o calendario de eventos salientando que todos eles son cen por cen de balde e todos virán marcados por un estrito protocolo de seguridade, seguindo as recomendacións sanitarias establecidas: control de aforamentos, uso obrigatorio de máscaras de protección, dispensador dunha solución hidroalcohólica, etc.

A Fiestra da Cultura, un programa descentralizado que chegará tamén ás parroquias, reunirá concertos, actuacións cómicas, novo circo, exposicións, cinema ao aire libre, etc. A programación comezará este sábado 27 co acto de apertura da exposición de Manuel Ayaso titulada Relatos da costa da morte e que se tivo que adiar con motivo do Estado de Alarma, e a partir de aí todos os venres e sábados de xullo, agosto e ata o 12 de setembro, día de Santa Uxía, haberá algunha proposta cultural no Concello na que destaca tamén a mostra do XIV Premio de fotografía Luis Ksado da Deputación da Coruña que se inaugurará en setembro.

Os venres será a quenda do Autocine, que se levará por todas as parroquias, comezando por Palmeira o 3 de xullo e rematando en Carreira o 4 de setembro, e con filmes do máis variado como A praia dos afogados, Eroski Paraíso, O que arde, Superlópez, ou películas de animación infantil como A Galiña Turuleca.

Pola súa banda, os sábados celebraranse eventos en Ribeira, localizados ou no Paseo do Malecón ou na Praza de Porta do Sol segundo a súa modalidade, abrindo o sábado 4 de xullo co concerto dos Dixie Kings, e traendo á cidade actuacións como Circo Chosco, Don Gelati, á compañía Asacocirco co seu Circo de Lume, Os contos de Pablísimo, Superheroe de Fran Rei, a gala Circando ou os concertos da Gramola Ye Ye, a Gallaecia Small Band e as nosas Tanxugueiras coa xira A Contrapunto.

Programación

*Exposición Relatos da Costa da Morte, gravados de Manuel Ayaso

Acto de apertura: 27 de xuño, ás13:00 h.

Centro Cultural Lustres Rivas.

Ata o 29 de agosto.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h.

*Noites de Autocine, Eroski Paraíso

Venres 3 de xullo.

AparcadoiroSociedadeFillos de Palmeira, ás 22:15 h.

*Concerto: Dixie Kings

Sábado 4 de xullo.

Paseo do Malecón de Ribeira, ás 22:15 h.

* Autocine Lúa Chea

Venres 10 de xullo, Porto de Ribeira.

Ás20:30h: Sonrisas de una noche de verano

Ás 23:00h: Somos criminais

* Autocine Lúa Chea

Sábado 11 de xullo. Porto de Ribeira

Ás 20:30h: Corgi, las mascotas de la reina

Ás 23:00h: Tolkien

* Noites de Autocine A praia dos afogados NOITES DE AUTOCINE

Venres 17 de xullo.

Explanada Porto de Aguiño, ás 22:15 h.

Máximo: XXX vehículos.

*VI Festival Ribeira: Acrobacias, baile, humor

Circo Chosco

Sábado 18 de xullo.

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

* Actividade infantil- Cantando contando

Xogos de habilidade feitos con material de refugallo, inchables, espectáculo infantil e familiar, música e moita diversión.

Venres 31 de xullo, na praza do Concello, de 11:30 a 14:00 h e de 18:30 a 21:00 h.

* Noites de Autocine Al aire patos

Venres 31 de xullo.

Aparcadoiro Pavillón de Sirves – Olveira, ás 22:15 h.

* Concerto – Tanxugueiras, xira contrapunto

Sábado 1 de agosto

Paseo do Malecón de Ribeira, ás 22:15 h.

* Noites de autocine Los futbolísimos

Venres 7 de agosto.

Exterior Centro Recreativo Artes, ás 22:15 h.

* VI Festival Ribeira

Maxia Don Gelatti, de Dani García

Sábado 8 de agosto.

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

* Noites de Autocine Superlópez

Venres 14 de agosto.

Aparcadoiro grande – Corrubedo, ás 22:15 h.

* VI Festival Ribeira Circompakto Wamba e a pel de tambor

Sábado 15 de agosto

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

* Noites de Autocine Uno máis de la familia

Venres 21 de agosto.

Exterior do Centro Social de Oleiros, ás 22:15 h.

* Circo de Lume, da compañía Asacocirco

Sábado 22 de agosto.

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

* Noites de autocine A galiña Turuleca

Venres 28 de agosto.

Aparcadoiro Punta do Castro – Castiñeiras, ás 22:15 h.

* Concerto: A Gramola Ye-Ye

Sábado 29 de agosto

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

* Exposición XIV Premio Luís Ksado de Fotografía

Venres 4 de setembro, inauguración ás 21:00 h no C.C. Lustres Rivas.

Do 4 ao 26 de setembro.

Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h.

* Noites de Autocine O que arde

Venres 4 de setembro.

Campo da festa – Carreira, ás 22:15 h.

Máximo: XXX vehículos.

* VI Festival Ribeira Circando – Gala de circo

Sábado 5 de setembro

Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.

* VI Festival Ribeira

Superheroe, Fran Rei

Venres 11 de setembro

Praza de Porta do Sol, ás 19:00 h.

· Día de Santa Uxía – VI Festival Ribeira Os contos de Pablísimo

Sábado 12 de setembro.

Praza de Porta do Sol, ás 19:00 h.

· Día de Santa Uxía – Concerto: Gallaecia Small Band

Sábado 12 de setembro

Paseo do Malecón, ás 22:15 h.

Outros artigos

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.