A desigualdade mata artigo de Xosé Manuel Pena de stop desafiuzamentos

11 Xuño 2020

Algúns datos estatísticos son verdadeiramente arrepiantes. No planeta morren ao ano, por causa da desigualdade social, nos países occidentais máis dun millón e medio de persoas. Parece incrible que presumamos de sociedades avanzadas, mentres hai moitas familias que non se poden alimentar de maneira equilibrada, non teñen un teito digno onde vivir ou ben non dispoñen das coberturas sanitarias ou farmacéuticas gratuítas. A desigualdade, claramente, é unha violación da dignidade humana e reduce a capacidade para funcionar como seres humanos. #Ante estes datos é evidente que a desigualdade mata e calquera dos que estamos nalgunha entidade social ou plataforma veciñal somos conscientes desa realidade coa que nos atopamos con demasiada frecuencia. Familias que viven en caravanas, infravivendas, con filtracións de humidades, chegan a ter problemas respiratorios, febres, pneumonías, etc. Algunhas familias, mesmo con nenos pequenos, non teñen para comer máis que arroz, patacas ou salchichas, por falta de recursos. Familias que prefiren non saír de casa porque non poden nin tomarse un café, quedándose excluídos do círculo de amizades, familiares e cos propios veciños do seu barrio. Os ansiolíticos e as frecuentes visitas ao médico de cabeceira son constantes. A tensión psicolóxica, a angustia e a depresión xa lles superan e non pensan máis que en quedarse na casa. Mesmo senten como un moble para a súa familia e os seus pensamentos son suicidas. Unha parte importante dos seus conveciños catalóganlles de fracasados. Xa non queda dignidade, senten uns parias da sociedade.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.