A ARE fai un chamamento a todas as entidades e cidadáns de Rianxo para dar forma a un gran escaparate empresarial en liña

03 Xuño 2020

A Asociación Rianxeira de Empresarios vén de lanzar un comunicado sobre a situación actual da economía local e, tamén, sobre as cousas que se poden facer para evitar o peche de negocios e a perda de postos de traballo. A ARE lembra que nesta delicada situación, non está de máis relembrar o cometido inicial da asociación, cando foi creada en 1988: traballar xuntas e xuntos, as empresas, os autónomos, a veciñanza, o Concello e a ARE, polo desenvolvemento empresarial e económico. Isto vén a conto polo que consideran unha necesidade: crear unha gran plataforma web que visualice a economía rianxeira. Esta é a base do proxecto presentado a semana pasada en colaboración co Concello, o gran escaparate online empresarial rianxeiro, do que falamos en O Barbanza.

“A unión de todas e todos é agora máis necesaria ca nunca pra paliar os negativos efectos provocados pola crise sanitaria da COVID-19”, explica a asociación no comunicado, lembrando que apoiarán “calquera iniciativa destinada a fortalecer e favorecer o desenvolvemento da economía local como por exemplo a web Comercio Rianxeiro creada por Rianxo en Común ou a páxina de Facebook Somos Rianxo, na que se implicaron numerosos negocios rianxeiros, algúns socios da ARE e outros non”.

Segundo engade a asociación, o seu obxectivo é sumar as ditas contribucións, xuntar experiencias e crear, de maneira integral, unha ambiciosa plataforma online na que “todos os negocios rianxeiros poidades estar presentes e na que, a través dun marketplace, aqueles que o desexedes poidades vender os vosos produtos”.

A ARE está a traballar neste ingre no devandito proxecto, xunto co Concello de Rianxo, pero, advirten, é preciso contar con todo o mundo para acadar o mellor dos éxitos posíbeis: “Só coa vosa implicación poderemos realizar este proxecto”, polo que a entidade pide a máxima participación nas xuntanzas que se irán convocando en datas vindeiras.

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Este sábado celébrase na Capela o Magosto do Araño

Este sábado o Centro Social da Capela (Araño, Rianxo) vai acoller unha gran festa gastronómico-musical: a festa do Magosto. Haberá castañas asadas de balde, xogos populares para a rapazada (con monitores), música e actividades diversas para todos os públicos e,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.