2.600 persoas en toda a provincia contan co servizo de Teleasistencia da Deputación da Coruña, 252 no Barbanza

12 Xuño 2020

O servizo incrementou un 68% o número de usuarios nos últimos tres anos. Durante o estado de alarma rexistráronse 38.527 chamadas e 150 novas altas Carballo con 141 persoas usuarias, Narón (138), Ribeira (90), Arzúa (78) , Teo (74), Malpica (66), Ortigueira (61) e Culleredo (58) son os municipios con maior número de dispositivos do servizo de teleasistencia provincial.
A teleasistencia funciona 24 horas ao día, os 365 días do ano, e conta con 2.570 usuarios activos en toda a provincia, a maioría deles persoas maiores que residen soas no seu domicilio.

O presidente Valentín González Formoso e a deputada responsable da área de Benestar Social, Ana Lamas Villar, visitaron esta mañá no polígono de Agrela (A  Coruña) a central da Teleasistencia provincial. O presidente provincial agradeceu “o gran traballo realizado polas operadoras do servizo para acompañar aos nosos maiores e dar tranquilidade ás súas familias durante a crise sanitaria”.

NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS DA TELEASISTENCIA POR
CONCELLOS NO BARBANZA


Boiro 40
Lousame 11
Noia 18
Pobra Do Caramiñal (A) 7
Porto Do Son 29
Rianxo 57 Ribeira 90 Total 252

O presidente Valentín González Formoso visitou a central da
Teleasistencia provincial

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.