RIBEIRA solicita á delegación do goberno que haxa liberdade de horario para saír nas súas oitos parroquias con menos de 5.000 habitantes

05 Maio 2020

O Concello de Ribeira vén de solicitar á Delegación do Goberno en Galicia que nas oito parroquias do municipio con poboacións inferiores aos 5.000 habitantes (é dicir, todas menos a da cidade, Santa Uxía) non rexa o establecemento de franxas horarias á hora de poder saír ao aire libre para a práctica de actividades físicas, tales como paseos ou deporte individual.
Esta petición, que foi acordada hoxe na Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19, deriva da recente disposición do Goberno Estatal en función da cal non se aplican tales restricións a “núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes”, o que a xuízo do Concello se cumpre no caso das oito parroquias referidas (Artes, Aguiño, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira e Palmeira), e que ademais redundaría en beneficio do comercio e a hostalería destes núcleos.
Mercadiño
Outro asunto abordado na Comisión ten que ver coa celebración este sábado 9 do mercadiño limitado a produtos agroalimentarios.
Decidiuse que se celebre na explanada portuaria coas medidas preventivas establecidas pola Xunta. Sen embargo, a partir do 16, haberá unha reestruturación de tal xeito que a parte téxtil (que xa se poderá incorporar ao abeiro da fase 1 do plan estatal de desescalada) seguirá estando ubicada na explanada portuaria, mentres que a parte agroalimentaria se trasladará á praza de España coa fin de poder cumprir os condicionantes esixidos de distancias, aforo, etc.
Noutra orde de cousas, cómpre informar de que hoxe está previsto que se conclúa o reparto domiciliario de mascarillas, do que só faltaba unha parte do casco urbano. Ademais, dende a Comisión fíxose público un novo agradecemento a Frinsa, esta vez por unha doazón de conservas con destino aos bancos de alimentos de Cáritas e ICE Renovación.

Consistorio de Ribeira

Outros artigos

Prosegue a investigación no caso do cadáver encadeado en Ribeira

A Garda Civil e a Policía Nacional manteñen aberta a investigación polo achado do cadáver de Amador Orellán, un home duns 40 anos natural de Ribeira e residente en Xuño (O Porto do Son), encadeado a unha escalinata do porto o martes pola mañá. As hipótesis barallan...

+

Aparece o corpo encadeado dun home no porto de Ribeira

Este martes 14 de abril Ribeira amenceu cun importante dispositivo policial no porto, trala aparición na dársena de Santa Uxía dun cadáver encadeado a unha escada, no espazo comprendido entre o barco Tres de Sempre e a estrutura do peirao. Segundo informou La Voz,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“É o que hai, e punto”. Antón Luaces

“É o que hai, e punto”. Antón Luaces

 De feito o bloqueo naval de Estados Unidos de América ao estreito de Ormuz non tivo, ata o de agora, maiores consecuencias que as propias dun paiaso da "tele" que pregunta "Como están vostedes?" e a conseguinte resposta da rapazada: "Been!". Porque o acontecido...

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

“La hemos pifiado con Noelia”. Mario Clavell

Los sanitarios que eutanasiaron a Noelia son agentes ocultan su identidad por ese homicidio. No sólo por un pudor natural (pues era un acto ‘ob-sceno’, que sucede ‘fuera de la escena’ para privar ese horror a los espectadores), sino porque repugna aceptar la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.