Rianxo en Común propón medidas urxentes de conciliación para axudar ás familias traballadoras

20 Maio 2020

A agrupación Rianxo en Común segue adiante coa súa loita contra as dramáticas consecuencias que ten a pandemia e a crise sanitaria unha chea de sectores, cebándose especialmente nos colectivos sociais e económicos máis vulnerábeis. En base ao seu labor de facer seguimento de cales son os ámbitos nos que se precisan actuacións máis urxentes, o colectivo que coordina Julián Bustelo achegou unha serie de propostas de conciliación para ser tidas en conta na entrada da fase 2 da desescalada, “ante a cada vez maior incorporación dos veciños e veciñas aos seus postos de traballo” e a ante a imposibilidade de retomar o curso escolar a curto e medio prazo.

Estas son as propostas:

➡️ No caso da familias cun meniño de entre 0 e 3 anos, cuxos proxenitores teñen que traballar e non teñen a ninguén na rede familiar co que deixar ao fillo/a, enviaríase un coidador infantil ao domicilio mentres os pais traballan.

➡️ No caso de familias con rapaces e rapazas entre 4 e 12 anos, cuxos pais tamén traballan ambos e non poden deixar os fillos con ningún familiar, “propoñemos a apertura das escolas unitarias ou de outros centros municipais cun monitor infantil que atenda aos nenos e nenas en horario laboral”.

Rianxo en Común opina que estas medidas deberan ser adoptadas de urxencia, e súmanse a outras propostas “que fixemos previamente como a ampliación das axudas municipais para a adquisición de material escolar para loitar contra a fenda dixital”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.