Os populares de Rianxo reclaman un plan socio-económico para axudar ás familias, ás pemes e á poboación vulnerábel

15 Maio 2020

O Partido Popular de Rianxo vén de facer públicas unha serie de peticións e propostas para asegurar a reactivación económica do concello neste proceso de volta á “nova normalidade”, un proceso no que, segundo fan saber, son necesarias “máis axudas para salvagardar o futuro das pemes e máis dos autónomos de Rianxo”. Estas axudas, din, deberan formar parte dun plan socio-económico para botar un man non só ao tecido económico senón tamén ás familias, ás persoas maiores e, tamén, aos colectivos máis vulnerábeis. As medidas foron presentadas por Germán Allut, portavoz do PP rianxeiro.

Os populares entenden que, unha vez superada a primeira fase da pandemia, o Executivo local ten a “obriga” de desenvolver diferentes programas que axuden aos colectivos máis afectados a facer fronte á “complicada” situación persoal e económica que deberán afrontar no futuro.

Allut engade que “con carácter de urxencia” os servizos sociais do Concello e Protección Civil deben proceder a “a determinar que familias atópanse nunha situación de meirande risco para, posteriormente, formar unha mesa de traballo que estableza un protocolo de actuación”. O voceiro do PP rianxeiro sostén que é preciso “saber que familias están a pasalo peor para poder axudalas a través dun menú solidario, do pago de diferentes recibos –auga, lixo, electricidade- e da entrega dun bono para comprar roupa e artigo de primeira necesidade o comercio local”. Allut engade que o plan de axuda debe incorporar tamén o pago des servizos básicos (óptica e servizo de odontoloxía), así como a posta en marcha de cursos de formación para persoas con problemas de insercción laboral.

Por outra banda, o popular tamén se referiu á “importancia” de impulsar o tecido produtivo de Rianxo a través de medidas que teñen que ver coa redución do IBI e do Imposto de Vehículos nun 22% durante o período de emerxencia, así como a eliminación do Imposto de Construción para obras menores solicitadas durante os anos 2021-2022.

O Partido Popular de Rianxo tamén reclama unha redución do 50% para as obras maiores que se executen nos próximos dous anos, a eliminación da taxa de ocupación para os locais de hostalería e a posta en marcha dun plan de obras menores municipal coa mínima documentación legal posíbel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.