Os concellos da Barbanza recibiron 64.700 unidades de protección da Xunta desde o inicio da Covid-19

09 Maio 2020

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da comarca do Barbanza a partida inclúe 4.300 máscaras, 2.400 luvas, 145 traxes antisalpicaduras e 41 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área do Barbanza 6.886 unidades de
protección esta semana.
Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca do Barbanza en conxunto, 64.700 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 36.950 máscaras, 26.550 luvas e 1.201 traxes, enviados en doce entregas desde o inicio da crise do coronavirus.
Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.
Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.
Con esta medida,  Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.​
Ademais, desde a Xunta realizouse tamén un novo envío de material de protección a 4 residencias e entidades sociais dos concellos da área do Barbanza, concretamente a centros de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. En total, 3.164 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións do Barbanza, 2.200 luvas, 752 máscaras e 212 traxes antisalpicaduras.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.