O Rianxo Streaming Festival superou a liña das corenta contribucións audiovisuais

05 Maio 2020


A Banda da Escola de Música de Rianxo celebrando nas redes o seu 17 aniversario

O certame Rianxo Streaming Festival, a iniciativa colectiva do Concello para facer voar o talento das veciñas e veciños aproveitando as estadías nos fogares derivadas do Estado de Alarma, segue en activo en tempos de desescalada, xuntando vídeos musicais (individuais ou en grupo), vídeo-creacións, vídeo-experiencias e vídeo-mensaxes de ánimo. Ou sexa, diferentes xeitos de afrontar a crise sanitaria con positivismo.

Esta fin de semana da ponte de maio que vimos de deixar atrás o certame superou a cifra dos 40 audiovisuais. E fíxoo con importantes contribucións, como o vídeo musical de animación Vals das horas, de Aida Saco Beiroa (composición e piano), Joseba Plazuello (vídeo) e Ángel Ramallo (gravación e mestura); ou coa xuntanza online das e dos integrantes da Banda da Escola de Música de Rianxo, que celebrou o seu 17 aniversario en corentena achegando un vídeo que xa anda preto das 1.500 reproducións.

O certame

O Concello de Rianxo quixo pór o seu gran de area para facer que o confinamento da veciñanza fose estes días o máis levadeiro posíbel. Por esta razón, puxo en marcha un certame de creación de “contidos dixitais contra aburrimento na corentena”, o Rianxo Streaming Festival. O obxectivo é converter en fervedoiro de talento e participación a reclusión forzosa da xente nos seus fogares derivada do estado de alarma para frear o espallamento do andazo de COVID-19.

Co gallo do festival poderase presentar todo tipo de contribucións dixitais: música, contos, monólogos, divulgación, etc. Este material está a ser publicado na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co cancelo #RXtreaming. “O noso obxectivo non é outro que combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira”, explican dende o Concello, debullando os pasos para participar no certame.

Outros artigos

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

O Club Náutico de Rianxo achega en agosto un curso de vela lixeira

O Club Náutico de Rianxo acolle, do 3 ao 7 de agosto, un curso de iniciación á vela lixeira co que colabora o Concello de Rianxo. Pola esquerda, o presidente da Federación Galega de Vela (Manuel Villaverde), o rexedor Julián Bustelo e o vicecomodoro do Club Náutico de...

+

Conta atrás en Rianxo para o inicio da Feira do Libro

Este xoves 23 pola mañá abrirá a Feira do Libro de Rianxo co pregón de Anxo Angueira, escritor veciño de Manselle (Dodro) e presidente da Fundación Rosalía de Castro, autor de obras capitais da literatura galega como Pensa Nao, Premio Xerais de Novela en 1999. Ata o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.