O presidente da Xunta visitou a lonxa de Ribeira acompañado pola conselleira do Mar e o alcalde e salienta o labor dos profesionais do mar na actual situación

12 Maio 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe en Ribeira o papel clave do sector extractivo de produtos do mar de Galicia no subministro de alimentos de calidade á sociedade desde o inicio da alerta sanitaria polo coronavirus.
Acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, o titular do Goberno galego visitou esta tarde a lonxa ribeirense, a principal de pesca de baixura de Galicia e de España e a que rexistra a maior cantidade de descargas dos portos de titularidade autonómica.
Alí, Feijóo comprobou o importante esforzo que fixo o sector para manter a oferta, malia as dificultades de poñer en práctica as medidas preventivas fronte a esta enfermidade, e corroborou o afán dos profesionais desta lonxa e das do resto de Galicia para manter o nivel da actividade coa estrita aplicación das medidas de prevención ditadas polas autoridades sanitarias, entre elas a suspensión das poxas presenciais, unha medida que se desenvolveu durante un mes, ata finais de abril.
Esas accións sumáronse ás recomendacións de seguridade e hixiene remitidas pola Xunta ás lonxas, á frota e ao marisqueo, así como aos elementos de protección distribuídos nos distintos portos de Galicia para o seu uso polos profesionais da pesca, do marisqueo, das lonxas e do sector bateeiro co obxectivo de evitar contaxios e de favorecer o mantemento da actividade con garantías tanto durante a crise como no futuro.

O presidente da Xunta visitou a lonxa de Ribeira acompañado pola conselleira do Mar 

Na visita á lonxa de Ribeira, acompañado polo alcalde Manuel Ruíz, tamén se puxo de relevo a importancia de permanecer xuntos no mesmo barco para impulsar a demanda e os prezos dos produtos pesqueiros e a rendibilidade da cadea mar-industria de Galicia. Nesta liña, destacan os controis esenciais realizados polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, que permiten manter a venda dos recursos marisqueiros con todas as garantías sanitarias durante o estado de alarma.
Outra peza clave son os consumidores, aos que a Xunta dirixe a campaña Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco, coa que pretende animar á cidadanía a consumir produtos do mar e agradecer así o esforzo e a entrega dos nosos mariñeiros. Neste eido, e dirixida a fomentar o consumo dos produtos do mar en xeración millennial de Galicia, enmárcase tamén a campaña Vai de Peixe, que se reformulou e adaptou ás circunstancias derivadas da alerta sanitaria polo coronavirus.
Así mesmo, no ámbito da comercialización, e co obxectivo de obter información que soporte as demandas do sector ante outras administracións, a Xunta realiza un seguimento periódico dos prezos e da actividade das lonxas e mantén contacto continuo co sector produtor para axeitar a oferta á demanda actual e abastecer o mercado impulsando o produto galego.

O presidente da Xunta visitou a lonxa de Ribeira acompañado pola conselleira do Mar 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.