O PBBI reprocha o alcalde que non os inclúa na negociación do plan marco de reactivación económica de Ribeira. Di que unicamente se conta con Psoe, BNG e Suma Ribeira

05 Maio 2020

O Partido Barbanza Independente ( PBBI) nun comuniado reprochoulle esta tarde ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, que negocie o plan marco Reactiva Ribeira, de reactivación da economía local, unicamente cos cinco concelleiros do BNG, PSOE e SumaRibeira, omitindo de maneira intencionada ao grupo municipal maioritario da oposición. O seu portavoz, Vicente Mariño de Bricio, manifestou que despois de manter a semana pasada unha reunión cos edís desas tres formacións políticas, sen contar co seu partido, agora convoca ao PBBI para dar o visto e prace a unha política de feitos consumados, da que din non estar dispostos a participar.

Mariño de Bricio puntualizou que o alcalde de Ribeira non quere escoitar as súas propostas presentadas hai uns días, cunha serie de medidas que califican de “moi razoables”. O PBBI solicitou a aplicación durante un período mínimo de seis meses dunha rebaixa do 25% nos salarios e as dietas dos integrantes do equipo de goberno e tamén das dietas e asignacións a grupos políticos e pola asistencia a calquera comisión e plenos cunha duración mínima de seis meses, así como a redución das dedicacións exclusivas a tres persoas e eliminación da totalidade das dedicacións parciais “que consideramos superfluas”. O PBBI pediu tamén a bonificación nas taxas polo abastecemento de auga e da recollida de lixo do 100%, dos afectados polo peche, que se aplicará durante o período que comprenda o peche obrigatorio establecido polo real decreto do estado de alarma. A todo iso, e en vista da campaña reivindicativa desenvolvida pola hostalería local, o partido encabezado por Vicente Mariño pide a exención das taxas das terrazas da hostalería durante un ano.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.