O orzamento e o remanente de Ribeira serán levados ao primeiro pleno telemático da historia de Ribeira

15 Maio 2020

O alcalde Manuel Ruíz traballando durante o Estado de Alarma por vídeo-conferencia

O Concello de Ribeira, a través do alcalde Manuel Ruíz, deu a coñecer este venres 15 que o orzamento municipal e o remanente serán sometidos a consideración por parte da Corporación municipal nun pleno extraordinario que se celebrará a finais de mes de xeito telemático, o primeiro destas características que se convoca na historia do municipio. Esta información foi dada a coñecer polo rexedor na sesión diaria da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19. Ruiz Rivas indicou tamén a súa intención de convocar un segundo pleno extraordinario para o control do Goberno para mediados de xuño, e que “será presencial ou telemático dependendo de como evolucione a desescalada”, dixo.

Segundo explicou, o pleno telemático de finais de maio servirá para buscar encaixe orzamentario ás axudas aos afectados pola COVID que se pretenden aplicar ao abeiro do Plan Reactiva Ribeira, un plan que antonte recibiu un novo impulso cunha nova reunión na que participaron os grupos da Corporación (con asistencia de Suma Ribeira, PSOE, BNG e PP) mentres que onte se deu a coñecer o borrador de documento aos grupos que non obtiveron representación nas últimas eleccións locais (Cidadáns, IPdR e Compromiso por Galicia).

A Comisión tamén aprobou fortalecer as limpezas de terreos que foron adiados en parte por mor da pandemia, así como efectuar una consulta á Asociación de Empresarios sobre a conveniencia ou non de retomar a zona azul e cal sería o tempo máximo de duración do estacionamento de vehículos.

Tamén se fixo saber que a reapertura definitiva da Biblioteca Municipal formalizarase na fase 2, xa que na fase actual non se permiten actividades de estudo en sala. O Concello fixo saber que “entrementres aproveitarase a semana que vén para dotar á instalación de certas medidas de seguridade como marcas no chan, dispensadores de xel ou o bloqueo dos ordenadores de consulta”. Tamén aclarou que si está en servizo a Biblioteca para préstamo e devolución de libros con cita previa.

Outros artigos

En Ribeira o Concello renova equipamento no ximnasio da Fieteira

O Concello de Ribeira, a través da Área de Deportes, informou da renovación do peso libre e as bancadas no ximnasio do Complexo Deportivo da Fieiteira. Dende o dito departamento sinalaron que a substitución veu motivada debido a que o anterior material estaba bastante...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión