O Concello de Ribeira adxudica as obras para mellorar as rúas do núcleo do Vilar

22 Maio 2020

O Concello de Ribeira informou da adxudicación, con carácter provisional, do pavimentado e a instalación dunha rede de pluviais no núcleo do Vilar, situado na parroquia de Carreira. O Goberno local engade que os traballos teñen a súa razón de ser nos importantes danos que se rexistraron nas rúas do devandito núcleo, que presentan disgregacións e fochancas no firme de formigón. Co fin de corrixilo, redactouse un proxecto que inclúe as seguintes accións:

• Pavimentado con formigón pulido intercalado con franxas das lastras (adoquíns) de formigón nunha superficie de 1.355 metros cadrados, previa demolición do firme actual.

• Instalación de dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e 132 metros de longo para augas pluviais, ademais de construción de 4 pozos de rexistro e 6 arquetas sumidoiro.

A obra recaeu na empresa Tamara Fernández Pérez. Comporta un investimento de 47.480 euros, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.