O Concello de Rianxo lanza un spot para promover as vantaxes de mercar localmente

18 Maio 2020

O Concello de Rianxo vén de lanzar un spot para pechar fileiras arredor dos establecementos e empresas locais e para encher as redes sociais de mensaxes en positivo arredor das vantaxes de actuar, en materia de compras, en clave de proximidade. O vídeo Rianxo xuntos por un novo comezo, de 25 segundos de duración, foi lanzado esta fin de semana e xa acumula preto de 400 reproducións. Forma parte campaña do Concello Merca no Comercio Local, Agora máis ca nunca, un chamamento á cidadanía para que pór de relevo as vantaxes de mercar nos establecementos das e dos veciños e de investir localmente.

En palabras do Concello, “mercar no comercio de proximidade é a mellor forma de previr a crise económica e xerar riqueza que repercuta no termo municipal, na veciñanza, no tecido comercial e tamén no social”. O Goberno rianxeiro lembra que cando tantas outras cousas semellaban ir fallando, “o comercio de proximidade estivo aí para nós durante a crise sanitaria”, polo que “a mellor forma de agradecérllelo é mercando nas súas tendas e contratar os seus servizos”.

Outros artigos

Rianxo acollerá esta “finde” unha nova edición do Rock in Rian

Rianxo acollerá os vindeiros 14 e 15 de agosto unha nova edición do Rock in Rian, un festival que converterá o Parque de Galiza nun punto de encontro para a música galega e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a través dunha achega de 29.000 euros da liña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.