O Concello de Rianxo fai un chamamento a apostar polo comercio local para superar a crise

12 Maio 2020

A crise sanitaria e económica solucionarase en boa medida se apostamos polo comercio local do noso concello e de proximidade. Esta é a base da campaña que vén de lanzar o Concello de Rianxo, Merca no Comercio Local, Agora máis ca nunca, un chamamento á cidadanía para que peche fileiras arredor dos establecementos das e dos veciños e, tamén, un recordatorio das vantaxes de investir localmente.

Vantaxes como por exemplo a confianza que se xera entre vendedores e clientes, a posta en xogo de importantes investimentos para a vila, a creación de emprego, a xeración de riqueza e os recursos que se activan para revitalizar o sector produtivo en relación coa crise económica e sanitaria.

En palabras do Concello, “mercar no comercio de proximidade é a mellor forma de previr a crise económica e xerar riqueza que repercuta no termo municipal, na veciñanza, no tecido comercial e tamén no social”. O Goberno rianxeiro lembra que cando tantas outras cousas semellaban ir fallando, “o comercio de proximidade estivo aí para nós durante a crise sanitaria”, polo que “a mellor forma de agradecérllelo é mercando nas súas tendas e contratar os seus servizos”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.