O BNG de Barbanza propón un plan de reactivación acordado por todas as administracións, partidos e sectores

06 Maio 2020

A complexa revitalización produtiva dos nosos concellos, nestes tempos de desescalada e nos que virán, ten que xusta, coordinada, solidaria e de consenso. Así o entende o BNG de Barbanza, cuxos grupos municipais da nosa comarca anunciaron esta semana que presentarán mocións nos concellos para reclamar á Xunta “un plan galego de reactivación económica e social que complemente as medidas tomadas dende as localidades para compensar a crise económica e sanitaria”. O BNG fai saber que para acadar os mellores obxectivos as administracións, forzas políticas, sectores e axentes sociais “deben actuar de maneira coordinada”.

Segundo a responsábel comarcal, Elvira Branco, “nunha situación como a que estamos a vivir é fundamental a elaboración de mecanismos de solidariedade social nacionais: claridade dos recursos dispoñíbeis en cada nivel de intervención pública, priorización no emprego colectivo destes recursos para que cheguen a quen os precisa, e exercicio responsábel das competencias de cada institución, evitando duplicidades, solapamentos e baleiros inadmisíbeis”.

Os nacionalistas poñen o foco no feito de que os concellos carezan de competencias estruturais en materia económica e política fiscal, polo que o que se decida nas administracións locais para atallar a crise dependerá “das medidas lexislativas e executivas que se adopten polo Estado español e pola Xunta de Galiza”. Por isto, para que se poida despregar capacidade de actuación dende o eido local, o BNG sostén que “é clave a derrogación da lei de Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira”, máis coñecida como “Lei Montoro”, unha lei que recolle tres regras fiscais (estabilidade, regra de gasto e débeda) para dar prioridade ao pago da débeda aos bancos.

Branco sinala que “sen a derrogación desta norma as posibilidades de actuación das diferentes administracións veríanse moi minguadas, e quedarían en actuacións de beneficencia. Non podemos permitir que os sectores máis desfavorecidos, as clases populares, volvan pagar as consecuencias doutra nova crise”.

O BNG de Barbanza tamén mostrou a súa preocupación pola suposta intención do Ministerio de Facendo de empregar os depósitos remanentes municipais, no canto de permitir que sexan utilizados polos concellos en actuacións da súa competencia. “Esta decisión deixaría á administración local sen ningunha capacidade de acción”, indica Branco, “por iso é necesario instar á FEGAMP e á Xunta de Galiza a esixir a derrogación desta lei e que así os concellos poidan desenvolver toda a súa capacidade de investimento e gasto”.

Outros artigos

Luns 14, xornada de inestabilidade con chuvascos e sarabia

Un pequeno centro de baixas presións atravesará Galicia durante a xornada do luns, Santa Lidia, deixando tras de si unha situación meteorolóxica marcada pola inestabilidade. Espéranse ceos parcialmente cubertos e chuvascos que poderán rexistrarse en calquera punto da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...