No Son o pleno suspende ata final de ano a ordenanza de terrazas e aproba que o edificio ‘Maraxiña’ sexa demolido parcialmente

28 Maio 2020

O pleno celebrado en Porto do Son aprobou unha modificación de crédito extraordinario e un suplemento de crédito que se destinarán, por unha banda, ao pago de facturas por importe de 228.880 € e, por outro, a licitar por 71.514 € o proxecto de demolición e posterior reconstrución do edificio Maraxiña, en cumprimento dunha sentenza.

O inmoble atópase na rúa Barranqueira e, no seu día, construíuse sen adecuarse exactamente ao proxecto para o que se concedeu a licenza municipal, de tal modo que se excederon varios centímetros tanto a altura como o retranqueo. No edificio, que conta con permiso de primeira ocupación, residen varias familias. A demolición parcial implicará tirar parte da cuberta, e a fachada que dá á rúa Barranqueira. A comunidade de veciños xa solicitou ante o TSXG a inexecución material da sentenza, ao considerar que é imposible tecnicamente cumprila. O goberno local sinalou, que na actualidade cumpre co PXOM en vigor. Así dáse a circunstancia de que, se levase a cabo o demolición parcial, podería volverse a construír tal e como está agora. O custo estimado da derriba e a posterior reconstrución é de 1,4 millóns. Na sesión acordouse a suspensión da aplicación da ordenanza que regula a instalación de terrazas hostaleiras ata final de ano

Outros artigos

O Camiño da Ría de Muros Noia promociónase en Hungría

O Camiño da Ría de Muros Noia continúa dándose a coñecer máis aló das nosas fronteiras. Se o ano pasado era José Antonio de la Riera quen impartía dúas conferencias en Budapest e Szeged, nesta ocasión foi Rózsa Benedek quen presentou o Camiño da Ría de Muros Noia e o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.