Forzas sociais, económicas, asistenciais, políticas, empresariais e sindicais únense o plan REACTIVA Ribeira

28 Maio 2020

Unha quincena de asociacións e outros colectivos de carácter social, asistencial, económica, empresarial, político e sindical pertencentes ao noso
municipio manifestaron á súa adhesión ao ambicioso Plan Reactiva Ribeira que, subscrito o pasado sábado polos grupos municipais de PP, PSdG-PSOE, BNG e Suma Ribeira, está dirixido a implementar un gran paquete de medidas coa fin de contrarrestar os efectos da crise do Covid-19 entre a nosa veciñanza.
Neste senso, estamparon a súa firma en apoio a este Plan os representantes da Asociación de Empresarios de Ribeira, Confraría de Pescadores de Ribeira, Confraría de Pescadores de Aguiño, Lonxa de Ribeira, Asociación de Amas de Casa de Ribeira, Cáritas Parroquial Ribeira, ICE Renovación, Asociación Española Contra o Cancro, Asociación Ambar, Asociación Amicos, Ciudadanos Ribeira, Compromiso por Galicia e IpdR, así como Comisións Obreiras e CSIF por medio dos seus representantes sindicais no Concello.
Cómpre salientar que coa fin de buscar encaixe orzamentario ás medidas que contén este Plan hoxe xoves ás 20 horas terá lugar un pleno extraordinario no que se debaterán, entre outros asuntos, o Orzamento Xeral do Exercicio 2020.

Asistentes o acto da sinatura do plan reactiva Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.