A Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do COVID-19 decidiu que a partir deste luns 25 de maio, abrese o prazo de preinscrición de sete días naturais para que os feirantes podan solicitar ocupar espazo público durante este verán, a fin de que o Concello poida elaborar unha programación ao respecto.
Esta solicitude deberá realizarse por rexistro, ben presencial na Oficina de Atención Cidadá ou ben telemática a través do portelo dixital https://ventanilla.riveira.es/, dependendo do caso.
O PSdeG de Ribeira esixe un control trimestral dos acordos plenarios pendentes de execución
Os socialistas denuncian que o Goberno local emenda as súas propostas para aprobalas e despois déixaas nun caixón sen cumprir. O grupo municipal do PSdeG de Ribeira levará á vindeira sesión plenaria unha moción para instaurar un mecanismo de fiscalización periódico...



