Dúas vitimas nas últimas 24 horas en Galicia pola COVID19

23 Maio 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 66 están en unidades de hospitalización e 807 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.684 persoas curadas, rexistrándose 612 falecementos

Os dous últimos falecementos rexistrados en Galicia por coronavirus correspóndense cun home de 79 anos que estaba ingresado no Chuac e unha muller de 88 que estaba ingresada no Chuo; ámbolous dous presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 133.153.

Outros artigos

Mércores 21 con ceos nubrados, choivas e forte vento

Galicia quedará este mércores 21, Santa Inés, baixo a influencia das baixas presións, cunha situación meteorolóxica marcada polos ventos de compoñente oeste. Agárdase unha xornada de ceos nubrados, con precipitacións máis frecuentes e intensas na metade oeste do país,...

+

Ampliada a todo o litoral galego a alerta vermella na costa da Coruña

Debido ás alertas laranxa e vermella, a Secretaría  Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados segundo as previsións dos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.