Convocado o noveno certame de relatos breves de Feiraco

08 Maio 2020

Feiraco Lácteos e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo da festividade das Letras Galegas 2020, adicada este ano a Ricardo Carvalho Calero, convocan unha nova edición, a novena, do Certame de Relatos Breves Feiraco. O obxectivo é achegarnos nas redes sociais e a través das webs de Feiraco e Política Lingüística unha oportunidade para mostrar a nosa creatividade literaria. Haberá tres gañadores nesta edición máis dixital ca nunca.

Segundo fan saber, os textos que se presenten ao certame deberán ter unha extensión máxima de 500 caracteres e comezar coas palabras Á sombra daquel carballo centenario…, coas que se quere honrar o autor que será homenaxeado o próximo 17 de maio, Ricardo Carvalho Calero. O prazo para presentar contribucións estará aberto entre o 7 e o 31 de maio de 2020.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.