Boiro abre presencialmente o rexistro e o padrón para o período de matrículas

11 Maio 2020

O Concello de Boiro abre desde luns 11 de maio as oficinas xerais para o rexistro e padrón municipal de habitantes, coincidindo coa apertura do prazo de presentación de solicitudes de matrícula nos centros educativos. Segundo informou o Goberno local, as oficinas estarán abertas de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e seguiranse as medidas de seguridade co persoal municipal e tamén cos usuarios.

A medida, como dixemos, coincide co inicio do prazo (até o 18 de maio) para a admisión nos centros escolares para o curso 2020/21 no que se refire a aquelas persoas que non a puideron presentar no período ordinario do mes de marzo ao verse suspendido polo Estado de Alarma. Este prazo foi aberto este luns pola Consellería de Educación.

De xeito complementario, desde este 11 de maio fica aberto tamén o rexistro do Concello de Boiro para atender estas demandas e solicitudes. Respecto das medidas seguridade, o Goberno local fixo unha redistribución do espazo das oficinas e dotou as mesmas de mamparas protectoras e de limitacións do espazo para garantir a distancia de 2 metros entre persoas. O acceso ao Consistorio, ademais, está limitado exclusivamente para este fin e para entrar é preciso desinfectar as mans e usar máscara, a disposición dos usuarios na entrada.

O Concello lembra que os demais departamentos “seguen a funcionar con normalidade”, igual que durante todo o Estado de Alarma, pero sen atención presencial, so telemática e telefónica. Desde o Goberno boirense recomendan que se lles dea prioridade aos trámites telemáticos ou telefónicos sempre que sexa posíbel.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.