Aclarada a documentación necesaria para a circulación de tripulantes do sector marítimo pesqueiro e de buques

09 Maio 2020

A Consellería do Mar vén de recibir reposta do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana á aclaración solicitada en relación á orde do 28 de abril sobre a documentación coa que os tripulantes de buques poderán acreditar a súa condición para facilitar a súa circulación. Nunha carta de resposta a outra da Consellería do Mar, a dirección xeral da Mariña Mercante aclara que esta normativa derivada da situación orixinada polo coronavirus pode ser interpretada como extensiva ás tripulacións dos buques de pesca, marisqueo e auxiliar de acuicultura.
O Executivo galego agradece esta resposta que chega dez días despois da misiva enviada pola conselleira do Mar ao ministro José Luis Ábalos e na que o Goberno central especifica que a orde se pode considerar como extensiva a tripulacións de todas as embarcacións ou buques. Na carta, enviada o 29 de abril pola Xunta ao Ministerio, a Administración galega
solicitaba a aclaración do alcance da orde estatal relativa aos requisitos de documentación que necesitan os tripulantes de buques para a súa circulación debido a que o texto apunta de xeito xenérico a buques, sen facer referencia expresa ao seu tipo.
Esta consulta foi realizada despois de que varias entidades do sector se dirixisen á Consellería do Mar con dúbidas en relación á orde ante a súa falta de concreción e co obxectivo de clarificar se se estendía aos tripulantes de buques pesqueiros, marisqueiros ou auxiliares de acuicultura que están vendo dificultada a súa mobilidade como consecuencia da situación ocasionada polo coronavirus. Uns obstáculos que dificultan os embarques e
desembarques dos relevos da tripulación, así como o seu aloxamento en espera, con especial incidencia en terceiros países e incluso tamén de xeito puntual en espazos da Unión Europea.
Na carta a conselleira tamén trasladou ao Ministerio a importancia de adecuar as disposicións ás características do sector e de xerar solucións para os tripulantes que ven dificultado o seu embarque e desembarque no contexto actual.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...