A Zona Comercial A Martela de Rianxo inicia unha nova andaina promovendo as vantaxes de mercar localmente

22 Maio 2020

A agrupación de empresarios da Zona Comercial A Martela de Rianxo vén de emitir un comunicado no que informan do regreso paulatino á actividade das e dos seus integrantes, unha volta á “nova normalidade” que, segundo fan saber, “encárase con ilusión pero tamén con moita inquietude ante a difícil situación pola que estamos a pasar”, unha situación que están convencidas/os de que será máis doado afrontar en colaboración e de xeito colectivo. Con ese obxectivo, inician unha nova etapa que arrinca cun cambio de imaxe e cunha serie de accións complementarias, como un sitio propio en Facebook e medidas de sensibilización acerca das vantaxes de mercar localmente.

“A nosa intención”, explican, “é impulsar a plataforma Somos Rianxo coa finalidade de acoller aos distintos establecementos comerciais do municipio (pequeno comercio, bares, servizos…) e potenciar a visibilidade dos negocios locais”. Ao mesmo tempo, a agrupación mostrou o seu obxectivo de concienciar á veciñanza “da importancia de manter vivo o noso tecido empresarial e comercial, particularmente o pequeno comercio, pois é un sector do que depende boa parte do emprego local e que sustenta a vida social do municipio”.

Na súa páxina de Facebook a entidade achegará información continua e actualizada das actividades que realiza e, tamén, visualizará o diferentes establecementos do municipio para “que sexa un punto de encontro e para traballar entre todos para superar a difícil situación que estamos atravesando”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.