A biografía máis completa de Castelao, premiada na Gala do Libro Galego

11 Maio 2020

Presentación do libro, nun concorrido acto previo á crise sanitaria

Castelao volveu ser protagonista do mundo editorial galego. E foino grazas ao historiador Miguel Anxo Seixas, que fixo a que sería a biografía máis extensa do escritor, ilustrador e político rianxeiro, un ambicioso achegamento á súa obra, á súa vida e ao seu legado que vén de ser recoñecido como mellor iniciativa bibliográfica nos Premios do Libro Galego. A obra é unha publicación co-editada polo Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia.

Os Premios Gala do Libro Galego é unha iniciativa da Asociación Galega de Editoras, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia. O xurado da quinta edición dos premios, cos que se pretende recoñecer a excelencia do traballo realizado no eido editorial ao longo de 2019 en Galicia, celebrou esta fin de semana unha reunión telemática para dar a coñecer os galardoados deste ano.

Na modalidade de iniciativa bibliográfica resultou gañadora a obra Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930, a primeira parte da biografía do intelectual galeguista escrita polo historiador Miguel Anxo Seixas Seoane como resultado da súa tese de doutoramento e que terá continuidade noutros dous tomos. É, como dixemos, unha coedición do Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia.

1.331 páxinas

Ao longo das súas 1.331 páxinas recóllese a vida de “o meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista”. Segundo informou o Consorcio de Santiago, trátase do primeiro volume dunha “biografía monumental”, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao, cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, xunto á actualidade da época. Ademais, o libro ilústrase con fotografías que mostran diferentes momentos da súa traxectoria.

O Consorcio engade que esta publicación “é o resultado do labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación ao redor da figura de Castelao”. Neste senso, o traballo tivo moi de pescuda de investigación, mostrando aspectos ignorados ou esquecidos do autor rianxeiro para “tentar facer esa biografía que aínda estaba pendente de chegar no noso panorama editorial”. Nesta liña, o autor lembrou que estivo vetado pola ditadura ata 1975 e en parte oculto ata 1984.

Este primeiro volume, que vai de 1886 a 1930, recolle as orixes da súa familia (inclúe unha árbore xenealóxica dos Rodríguez e dos Castelao), o seu nacemento en Rianxo, a realización do Bacharelato en Compostela, os seus estudos de Medicina (durante esta etapa foi guitarrista e caricaturista da Tuna), a súa mocidade, os seus primeiros encontros coa pintura, a escritura e a ilustración, a súa familia, as súas incursións como actor, a súa vida política, as viaxes ou a morte do seu fillo, entre outras vivencias. A este volume seguiranlle outros dous, que van de 1931 a 1939 e de 1940 ata o seu falecemento en 1950.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.