13 maio: Nova suba de mortos en España 184. Galicia rexistrou dúas vitimas

13 Maio 2020

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 13 de maio:

  • 27.104 mortos. A véspera contabanse 26.920. Son 184 máis. 
  • 228.691 confirmados por PCR. Ata o domingo eran 228.030. 439 casos novos. 
  • 140.823 curados. 138.980 o día anterior. 1.843 novos curados.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.322, deles 530 son da área da Coruña, 133 da de Lugo, 362 da de Ourense, 123 da de Pontevedra, 626 da área de Vigo, 461 da de Santiago, e 87 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 2.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.820 persoas curadas, rexistrándose 595 falecementos. O número de PCR realizadas é de 117.001.

Na xornada de onte rexistaronse 2 mortos que elevan a 597 o número de vitimas.

O falecemento dunha muller de 85 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e que tiña patoloxías previas elevou a 597 as vítimas mortais do coronavirus en Galicia (465 en atención hospitalaria e 132 en residencias de maiores). Diso informou fontes sanitarias na tarde deste martes, xornada na que tamén se notificou o falecemento doutra muller, tamén de 85 anos, que recibía atención hospitalaria en Ourense. Ambas presentaban patoloxías previas. Con esta morte, elévanse a 465 as persoas con COVID falecidas en hospitais: 124 na área sanitaria da Coruña, 98 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 80 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.